Usuarios de maiores presentan unha nova querela contra DomusVi por homicidio imprudente

Os feitos denunciados ocorreron o 6 de abril de 2020 cando a dirección da residencia DomusVi Matogrande na Coruña, informaran do falecemento da usuaria aos familiares.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 06/07/2020 | Actualizada ás 17:49

Comparte esta noticia

A familia da residente nas instalacións de DomusVi Matogrande denuncia á empresa de “non prestarlle asistencia médica unha vez diagnosticada pola COVID-19, limitándose a confinala nun cuarto da residencia esperando o seu falecemento”.

Feijóo coa conselleira delegada de DomusVi, Josefina Fernández, a empresa privada máis afectada por casos de coronavirus en centros de maiores
Feijóo coa conselleira delegada de DomusVi, Josefina Fernández, a empresa privada máis afectada por casos de coronavirus en centros de maiores | Fonte: xornalgalicia.com

Por este motivo a querela vai dirixida contra a xerente de DomusVi, Josefina Fernández e a directora da residencia de Matogrande.

Cando os familiares tiveron coñecemento de que a anciá dera positivo por coronavirus, pediron á residencia que trasladase á doente ao hospital clínico da Coruña (CHUAC). Segundo a denuncia presentada, a residencia negouse a trasladar á usuaria ao hospital.

Os motivos que aludiron foron que non era “candidata a ser tratada na UCI”. A mesma residencia remarcou que só trasladarían as persoas que “estivesen en condicións de ser salvadas”.

Durante o período en que os parentes foron informados ata o falecemento da usuaria, só puideron vela “dúas veces por vídeochamada”, a pesar da insistencia en poder vela en persoa. A querela apunta ademais que a residente falecida en Matogrande “non estaba alimentada nin atendida nin vixilada”. Tamén denuncian que non foi auxiliada nas súas necesidades básicas de subsistencia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta