Rescatado un dos tripulantes do Kayak envorcado no Son, pero buscan a outros dous

Un helicóptero e dúas embarcacións realizan a busca.

Por Galicia Confidencial | Noia | 06/07/2020 | Actualizada ás 22:39

Comparte esta noticia

Un dos tres tripulantes que desaparaceran na tarde deste luns tras volcar o kayak no que viaxaba na ría de Noia foi rescatado vivo a últimas horas do día. Con todo, aínda buscan a outras dúas persoas.

Helicóptero Helimer 401. SALVAMENTO MARÍTIMO
Helicóptero Helimer 401. SALVAMENTO MARÍTIMO

A pequena embarcación envorcou na praia de Coira, en Portosín, por razóns que se descoñecen. Con todo, veciños da zona consultados por Galicia Confidencial destacan que este luns había alerta por forte ondada na zona.

O Helimer Galicia e a embarcación de Salvamento Marítimo Regulus e o Pesca I buscaban desde últimas horas deste luns ás tres persoas desaparecidas, entre as que podería figura un menor segundo as fontes consultadas.

Foron coñecidos destas persoas desaparecidas as que deron a voz de alerta a última hora da tarde deste luns ao non saber nada deles. Nese momento púxose en marcha un operativo de busca que contou, nun primeiro momento, coa participación do Helimer que percorreu a ría de Noia en busca destas persoas.

Posteriormente se incorporou tamén á busca a embarcación de Salvamento Marítimo Regulus e o Pesca I. Ás tarefas de busca tamén se incorporaron algúns mariñeiros da zona.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta