"Feijóo é esquerda"... A campaña da ultracatólica HazteOir en contra dun "barón que foxe das siglas do PP"

A plataforma percorrerá Galicia con camións polos mitins do candidato 'popular', que este martes aparcou ante a Xunta.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/07/2020 | Actualizada ás 13:43

Comparte esta noticia

A plataforma 'HazteOir' despregou unha campaña en Galicia con motivo das eleccións autonómicas para denunciar as similitudes entre o presidente e candidato á reelección do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, e o "bloque da esquerda", co fin de que os simpatizantes da formación "voten con conciencia" e "que saiban a quen" van conceder o seu apoio para Gobernar a Xunta o próximos catro anos.

Con este obxectivo, a asociación antiabortista preparou unha serie de materiais e elementos para trasladar esta mensaxe á sociedade galega, a través de diferentes medios. O máis chamativo é unha serie de camións coa lema 'Feijóo é esquerda', xunto cunha imaxe do candidato e os supostos 'incumprimentos' aos valores que, segundo denuncian, debería representar o líder do PPdeG e presidente da Xunta.

Esta frota de vehículos percorrerá as principais cidades galegas esta semana e situarase nos puntos nos que Feijóo planifica os seus mitins, para advertir aos presentes das mensaxes e ideas que defende o candidato 'popular'. Ademais dos vehículos, reparten panfletos, envían correos electrónicos e realizan chamadas ao domicilio dos galegos para trasladar as súas lemas da campaña.

A plataforma estivo este martes ante a propia sede do Goberno galego en Santiago de Compostela, cos camións aparcados ante San Caetano. En declaracións aos medios Javier Villamor, portavoz de 'HazteOir', denunciou que Feijóo se presenta como un político do "centro-dereita" e suposto defensor dos valores de "a familia, a liberdade e a vida", pero que despois "non só se pon de perfil" senón que promove "moitas das leis ideolóxicas da esquerda".

Entre elas referiuse a a educación sexual temperá, a ideoloxía e violencia de xénero ou cuestións como o aborto, polo que decidiron impulsar esta campaña para explicar aos cidadáns "que cren nestes valores" a "quen están a votar" e que saiban que "o mesmo dá votar ao bloque de esquerda que ao Partido Popular, neste caso".

BARÓN "PROGRESISTA"

Doutra banda, remitiron un cuestionario ao candidato para instarlle a situarse sobre cuestións como a liberdade educativa dos pais, o dereito á vida ou a imposición do idioma como requisito na Xunta.

"Esperemos que en Galicia a xente teña en conta quen é este home, un dos baróns máis progresistas do Partido Popular. Tanto, que nin sequera pon o logo do PP, coma se fora un encordio".

Camións de 'HazteOir' ante a Xunta
Camións de 'HazteOir' ante a Xunta | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta