Atascos quilométricos na saída da Coruña por unhas obras en hora punta

As retencións chegaron a superar os seis quilómetros. Os desprazamentos ás praias e a un centro comercial contribuiron á ralentización do tráfico.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 07/07/2020 | Actualizada ás 19:42

Comparte esta noticia

Unhas obras de conservación na estrada provocaron atascos quilométricos na saída da Coruña á altura da  nova ronda de Ledoño. en Culleredo.

Retencións na Coruña motivadas por unhas obras na calzada
Retencións na Coruña motivadas por unhas obras na calzada | Fonte: remitida

Segundo varios usuarios que contactaron con Galicia Confidencial, as retencións chegaron a superar os seis quilómetros de lonxitude e tiveron lugar en plena hora punta, pasadas as 15.30 horas, momento no que había xente que voltaba a casa e outras que se dirixían a praias e a un gran centro comercial da zona.

Ata o lugar mesmo se desprazaron dotacións da Garda Civil e mesmo un helicóptero sobrevoou a zona ante as chamadas dalgúns condutores que non entendían o motivo da retención.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta