GC Aberto

Protesta polo funcionamento baixo mínimos da atención á cidadanía no concello de Ferrol

Por admin | GC Aberto | 08/07/2020

Comparte esta noticia

Desde Ligando queremos amosar a nosa máis enérxica protesta polo funcionamento da atención á cidadanía no concello de Ferrol.

Cola formada no Concello de Ferrol para ser atendido por parte da administación
Cola formada no Concello de Ferrol para ser atendido por parte da administación | Fonte: remitida

Nun contexto social crítico no que as persoas máis vulnerabeis necesitan da administración local, o concello só funciona baixo mínimos e con cita previa. Mentres se estabrecen prazos de entrega en asistencia de primeira necesidade como é solicitar o Ingreso Mínimo Vital, becas de comedor escolar, etc, a cidadanía vese obrigada a chamar a teléfonos que non contestan pedindo unha cita previa para resolver xestións urxentes como son solicitudes

de certificados de empadroamento, asesoramento de traballadores sociais, becas de comedor (cuxo prazo remata este mércores, 8 de xullo) e outra moita burocracia.

Nin todo o mundo pode esperar longas colas toda a mañá sen chegar a ser atendido, nin toda a cidadanía sabe ou pode facer unha presentación telemática de documentos ou pagar unha xestoría para que llo resolva. Porque iso é privatizar a xestión pública. Non hai escusa para esta situación. Alegar seguridade cando o que se está conseguindo é afundir a administración local non é de recibo. Máis cando, con afán recadatorio, hai moito tempo que están abertas as oficinas de Emafesa, por exemplo.

Desde Ligando consideramos que tanto o goberno Psoe de Mato como FeC e o BNG que o apoiaron, son uns incompetentes por permitir esta situación vergoñenta no concello sen ningunha xustificación e por riba, contratando uns gardas de seguridade, e conculcando o dereito a uns servizos públicos eficaces.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta