Educación abre o prazo para concorrer aos premios extraordinarios de FP de Grao Superior

Poderán optar aos galardóns as persoas tituladas no curso 2018/2019

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/07/2020 | Actualizada ás 11:34

Comparte esta noticia

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional publica este mércores no Diario Oficial de Galicia (DOG) a convocatoria dos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior da Comunidade autónoma correspondentes ao curso 2018/2019.

O prazo de presentación de solicitudes para optar a estes galardóns estará aberto desde este xoves ata o 10 a agosto. En total, convócanse ata 23 premios extraordinarios, un por cada familia de formación profesional de grao superior implantada en Galicia.

Segundo explicou o departamento autonómico nun comunicado, poderán optar a este recoñecemento os estudantes que cursasen estudos de FP de grao superior no curso 2018/2019 nalgún centro educativo da comunidade autónoma (ben modalidade presencial ou modalidade a distancia) e terminásenos no ano 2019, a condición de que obtivesen unha cualificación final do ciclo formativo igual ou superior a 8,5 puntos; entre outros.

Formación Profesional. AYESA - Arquivo
Formación Profesional. AYESA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta