A alcaldesa da Coruña ve na venda da Casa Cornide unha "actitude máis de desprezo" dos Franco "ao público"

Di que é un "activo patrimonial de carácter público".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/07/2020 | Actualizada ás 13:39

Comparte esta noticia

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, considerou a posta á venda da Casa Cornide como unha "actitude máis de desprezo ao público e á legalidade" por parte da familia Franco.

Así o manifestou, a preguntas dos xornalistas, na visita que realizou á antiga fábrica de armas e futura sede da Cidade do TIC, xunto á cabeza de lista do PSdeG pola Coruña nas eleccións do 12 de xullo, Pablo Arangüena.

"A Casa Cornide é un activo patrimonial de carácter público e así o reivindicará o Concello da Coruña", recalcou a rexedora subliñando os traballos que se están realizando para a declaración do inmoble como Ben de Interese Cultural. "E posteriormente para a recuperación da Casa Cornide para o patrimonio dos coruñeses e coruñesas".

Sobre a declaración como Ben de Interese Cultural, expuxo que se están realizando os trámites "pertinentes", aínda que coas dilacións derivadas da pandemia. "leva a canle procesual oportuno", engadiu sen concretar prazos.

A alcaldesa, Inés Rey, con máscara no primeiro pleno presencial tras declararse o estado de alarma. CONCELLO DA CORUÑA
A alcaldesa, Inés Rey, con máscara no primeiro pleno presencial tras declararse o estado de alarma. CONCELLO DA CORUÑA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta