Gonzalo Caballero quere un futuro cun "goberno progresista" en Galicia

O líder do PSdeG busca que a súa forza política sume esforzos na Galicia urbana para que haxa un cambio de goberno.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 08/07/2020 | Actualizada ás 20:58

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, apelou á "Galicia urbana" para liderar un futuro cun "goberno progresista", durante a súa intervención nun acto na Coruña, na zona da Torre de Hércules, xunto ao ministro de Sanidade, Salvador Illa.

"Liderar unha reconstrución que conte cos galegos", expuxo nun discurso no que instou ao electorado "progresista" a acudir a votar este domingo para lograr "un cambio de goberno".

"Queremos estar en cada concello, en contacto cos galegos, para pedirlles que este domingo vaian votar, que o voto é decisivo, que por un voto se decide un goberno".

"E queremos pedir aos galegos e galegas que participen na festa electoral da democracia e, aos que votaron ao PSOE o ano pasado, pedirlles que volvan ir a votar este domingo". "Xogámonos o futuro de Galicia, queremos unha vitoria progresista para frear á dereita e a ultra dereita". "E facer unha reconstrución na que ninguén quede atrás".

Por outra banda, insistiu en que "cumprirán" coa Coruña e con actuacións como o saneamento da ría do Burgo ou o complexo hopsitalario. "11 anos para presentar as maquetas e proxectos", reprochou a Feijóo.

SANIDADE UNIVERSAL

Á súa vez, o ministro de Sanidade, Salvador Illa, reivindicou o papel da alcaldesa da Coruña, Inés Rei, na pandemia, que fixo extensiva a todos os alcaldes.

"Desta pandemia, aprendemos que é imprescindible unha sanidade pública, universal e gratuíta", dixo o ministro quen subliñou o "compromiso" do candidato socialista a este respecto.

O candidato socialista á Presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero, xunto ao ministro de Sanidade, Salvador Illa
O candidato socialista á Presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero, xunto ao ministro de Sanidade, Salvador Illa | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta