Galicia rexistrou a creación dun 43 % máis de empresas que o mes anterior, a pesar do coronavirus

No quinto mes do ano disolvéronse 24 sociedades mercantís.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 09/07/2020 | Actualizada ás 10:38

Comparte esta noticia

Galicia rexistrou, durante o mes de maio, a creación de 143 sociedades mercantís, o que supón un 54,6 por cento menos que no mesmo mes do ano pasado, aínda que a variación foi positiva con respecto ao mes de abril (un 43 por cento máis), e o capital desembolsado foi de 3,12 millóns de euros.

Así se reflicte nos datos publicados este xoves polo Instituto Nacional de Estatística (INE), que recolle que, das novas empresas, 66 foron rexistradas na provincia de Pontevedra (cun capital de 1,06 millóns de euros), 47 na provincia da Coruña (cun capital de 1,4 millóns), 17 en Lugo (cun capital subscrito de 204.000 euros) e 13 en Ourense (cunha capital de 396.000 euros).

Por outra banda, durante o mes de maio, disolvéronse en Galicia 24 sociedades mercantís, 10 na provincia da Coruña, as mesmas que na de Pontevedra; duas en Lugo e outras dúas en Ourense. O número de sociedades disoltas tamén se reduciu con respecto a maio do ano pasado (un 73 por cento menos).

No informe publicado polo INE tamén se reflicte que, no quinto mes do ano, houbo 59 empresas en Galicia que aumentaron capital, a maior parte delas nas provincias da Coruña e Pontevedra. O capital total desembolsado nesas ampliacións foi de 12,64 millóns de euros.

Evolución da creación de empresas en Galicia ata maio de 2020, segundo os datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística.. EP DATA
Evolución da creación de empresas en Galicia ata maio de 2020, segundo os datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística.. EP DATA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta