"Non houbo ningunha agresión a Vox", di a Subdelegación do Goberno na Coruña

"O único que hai son protesta ou actuación de grupos contrario ás teses desta formación", suliña, negando agresións como denuncia Santiago Abascal.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 09/07/2020 | Actualizada ás 12:13

Comparte esta noticia

A subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Rioboo, descartou "ningunha agresión" a Vox durante a campaña electoral "máis aló de algúna protesta ou actuación dun grupo contrario ás teses" desta formación e afirmou que todos os partidos sufriron "confrontacións con outros grupos". "É o que teñen as campañas electorais, que hai xente que pensa distinto", engadiu.

Ante o anuncio do presidente do partido, Santiago Abascal, dunha denuncia contra o delegado do Goberno, Javier Losada, por non impedir a "violencia" contra a súa formación, López-Rioboo rexeitou que houbese agresións "máis aló dalgunha protesta ou algunha actuación dalgún grupo contrario ás teses de Vox".

A representante do Goberno, en declaracións aos medios, fixo un chamamento á "responsabilidade" e a que todas as forzas políticas "poidan dicir o que pensan e o que din os seus programas". "As confrontacións, nos debates", sinalou, incidindo no "dereito" do partido de presentar a denuncia.

Durante un mitin en Vigo, Abascal anunciou que Vox presentou unha denuncia no xulgado "por prevaricación, omisión do deber de perseguir delitos e tráfico de influencias" contra o delegado do Goberno. Acúsao de non impedir a "violencia" que denunciou que sufriu a súa formación durante a campaña electoral.

O presidente de Vox, Santiago Abascal, durante o acto electoral desta formación na Coruña. M. Dylan - Europa Press
O presidente de Vox, Santiago Abascal, durante o acto electoral desta formación na Coruña. M. Dylan - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta