O Sergas replica que os casos dos que informa do brote da Mariña son "os reais"

Lamenta que esta situación se use como "unha arma electoral".

Por Europa Press / Redacción | Lugo | 09/07/2020 | Actualizada ás 21:15

Comparte esta noticia

O Sergas garante que os casos positivos con coronavirus sobre os que informa o brote da Mariña son "os reais", mentres lamenta que esta situación se use como "unha arma electoral". Este xoves, un grupo de médicos e enfermeiros do hospital da Mariña e a PAC da zona alertaron de que hai máis contaxios de coronavirus na comarca que os feitos públicos pola Xunta.

Dúas mulleres protexidas con máscaras pasean xunto á Praia da Rapadoira en Foz, na comarca da Mariña, Lugo, Galicia
Dúas mulleres protexidas con máscaras pasean xunto á Praia da Rapadoira en Foz, na comarca da Mariña, Lugo, Galicia | Fonte: Carlos Castro - Europa Press.

En resposta, o Sergas trasladou que "os casos dos que se está informando diariamente desde o Servizo Galego de Saúde e desde a Consellería de Sanidade son os casos reais, ofrecéndose diariamente tanto ás autoridades locais como aos medios de comunicación (para coñecemento de toda a poboación) e ao propio Ministerio de Sanidade".

Así, asegura que "están adoptadas todas as medidas sanitarias necesarias para conter o brote", tanto de detección de contaxios como de diagnóstico e seguimento.

Tamén indica que as persoas que dan positivo e están no seu domicilio "son seguidas diariamente polos seus médicos de Atención Primaria, así como mediante teleasistencia desde o hospital".

Ademais, remarca que se fai un seguimento de "todos" os contactos de contaxiados, mentres "todos os médicos de Atención Primaria dispoñen de toda a información clínica dos seus respectivos pacientes".

Finalmente, o Sergas resalta o "grande esforzo" de todos os profesionais do distrito sanitario da Mariña neste brote, "conxugando con gran profesionalidade a situación epidemiolóxica cunha atención segura e de calidade".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Ana

"Profesionales de Alemania y Austria revelan la f4rsa", ese e o titulo do video subido a youtube que esta dando a volta o mundo e despertando definitivamente a xente. Xa basta de arriunar paises e recortar liberdades. Basta de obrigar a levar o bozal (cando e perigoso para a saude respirar dioxido de carbono), basta de meterlle medo a xente... E que o saiban os politicos, decimos NON as vacunas obrigatorias.