Abascal acusa en Compostela a Pedro Sánchez de pretender facerse "coa xefatura do Estado"

O acto do líder de Vox contou cun amplo despregamento policial.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/07/2020 | Actualizada ás 21:55

Comparte esta noticia

O líder de Vox, Santiago Abascal, acusou ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, de pretender facerse "coa xefatura do Estado" coa apertura do debate sobre a inviolabilidade do rei.

O presidente de Vox, Santiago Abascal, durante un acto electoral en Santiago de Compostela
O presidente de Vox, Santiago Abascal, durante un acto electoral en Santiago de Compostela | Fonte: Europa Press

Así o dixo nun mitin celebrado en Santiago no marco da campaña das eleccións galegas deste domingo. Un acto que contou cun amplo despregamento policial que blindou os arredores da Praza da Quintana e que cortou varias rúas do centro histórico compostelán para permitir a saída da comitiva de Vox ao termo do mitin.

Ante unhas 150 persoas concentradas na praza da parte traseira da Catedral de Santiago, o líder de Vox, que cometeu un 'lapsus' ao referirse ao rei Felipe VI como "Pablo VI", asegurou que coa apertura do debate sobre a inviolabilidade da coroa, o Goberno busca "tapar" os seus problemas.

"Pedro Sánchez cando fala da inviolabilidade do rei é que quere a xefatura do Estado para el mesmo", dixo, antes de incidir en que "dá igual a escusa que usen" para "atacar" España, xa que detrás está "o odio".

"En realidade é porque odian a España, odian toda a nosa historia e odian a nosa nación, o noso rei e a nosa bandeira", aseverou Abascal, acompañado na capital galega polo portavoz parlamentario da súa formación, Iván Espinosa de los Monteros, e membros da candidatura en Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Sentidiño

A foto de Europa Press é unha manipulación informativa: non é cwrto que estivesen Abascal e catro varóns máis!