Denuncian que os centros de día da Xunta carecen de material sanitario e protocolos "a unha semana de reabrir"

Os sindicatos acusan ó executivo de Feijóo de "electoralismo" por permitir o funcionamento destes centros poñendo en "risco moi elevado" a vida de traballadores e usuarios. Avisan que, no caso de repetirse o acontecido durante o confinamento, "a situación da Mariña pode quedar en anecdótica".

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/07/2020 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

O 15 de xuño a conselleira de Política Social Fabiola García anunciou que adiantaría a reapertura dos centros de día da comunidade galega dende setembro -unha previsión que caracterizou de "horizonte temporal"- a comezos de xullo. A conselleira condicionou nese momento a reapertura á existencia dun procolo no centro, a superación dun curso de formación ofrecido pola propia institución e a dispoñibilidade de material sanitario.

Residencia, centro de día - Europa Press
Residencia, centro de día - Europa Press

Hoxe, a menos dunha semana do 15 de xullo, día marcado para o inicio destas reaperturas, traballadores de diversos centros de día denuncian que carecen tanto de "indicacións claras" por parte da Xunta como do material desinfectante necesario para desenvolver as súas tarefas de xeito seguro. En particular, destacan a ausencia de EPIs e, por riba, unha escaseza de persoal que redunda no "risco moi elevado" ó que, consideran, a Xunta está sometendo a usuarios e traballadores.

Por esta razón, empregados dos centros de día a través de CNT demandan ó executivo de Núñez Feijóo e, en particular, á rama controlada por Fabiola García, que suspenda a reapetura dos centros para que a saúde do persoal e dos usuarios non se vexa "gravemente comprometida", "co risco que isto supón para todos os habitantes de Galicia".

"NON DEBERÍAN ABRIR"

"A pesar do anuncio electoralista da Xunta de Galicia, os traballadores e traballadoras dos centros de día da Consellería teñen claro que estes centros aínda non deberían abrir", destacan nun comunicado remitido pola organización sindical. Neste aspecto, fan fincapé no especial papel co que contaron as residencias na mortalidade total rexistrada por covid-19 en Galicia. "A situación da Mariña pode quedar en anecdótica se temos en conta que a maior parte dos contaxios durante a Emerxencia Sanitaria producíronse en centros de día e residencias".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta