A Deputación de Pontevedra fará un informe sobre o risco de que as mulleres queden invisibilizadas co teletraballo

Por E.P. | Pontevedra | 10/07/2020 | Actualizada ás 17:03

Comparte esta noticia

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, anunciou que a Administración provincial elaborará un informe sobre o risco de que as mulleres volvan quedar invisibilizadas a raíz do fomento do teletraballo polo impacto do coronavirus.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva.
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva.

"As mulleres corren o perigo de que as volvan meter en casa", afirma Carmela Silva, se non se lexisla unha normativa que atenda ás súas necesidades para evitar que sexan invisibilizadas.

A mandataria provincial sostén que hai que impedir que esta nova ferramenta tecnolóxica poida converterse nun elemento de involución para as conquistas laborais, sociais e persoais das mulleres.

Por estas razóns, Carmela Silva anunciou que a Deputación Provincial elaborará un informe que trasladará á Federación Galega de Municipios e Provincias, á Xunta de Galicia, ao Goberno do Estado e aos Parlamentos de Galicia e de España para demandar que se teña en conta ás mulleres á hora de elaborar unha lei que regule o teletrabajo.

A máxima representante provincial expuxo os datos obtidos polo colectivo Malasmadres nunha enquisa na que 8 de cada 10 mulleres recoñecen que non poden equilibrar a súa vida laboral coa súa actividade de coidados e por este motivo, 6 de cada 10 enquisadas recoñecían que renuncian á súa actividade profesional. E nese cuestionario, as mulleres manifestaron que só contan cunha media de 54 minutos ao día para o seu tempo libre. "Traballamos todo o día", afirmou Silva.

A enquisa tamén demostra que unha muller con emprego dedica máis tempo a tarefas de coidado no ámbito familiar que os homes que se atopan desempregados.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta