Activos dous incendios forestais en Santiago e en Quiroga

O da capital galega está preto do hospital clínico universitario.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/07/2020 | Actualizada ás 18:31

Comparte esta noticia

Dous incendios forestais declarados esta tarde nos municipios de Santiago de Compostela e Quiroga queiman un cinco hectáreas en cada un dos casos.

Segundo informa Medio Rural o lume en Santiago, na parroquia de San Paio, nas inmediacións do hospital Clínico, segue activo, pero "evoluciona favorablemente".

A pesar da proximidade a vivendas, este departamento asegura que non hai risco para as casas ante o despregamento de medios realizados. En concreto, traballan catro helicópteros, catro motobombas, sete brigadas e un axente. Dous hidroavións colaboraron nas tarefas, pero xa se retiraron á base.

Pola súa banda, o lume en Quiroga, na parroquia de Vilar de Lor, segue sen estar controlado, pero a Xunta dáo por "estabilizado" desde as 19,41 horas. O lume comezou ás 17,16 horas e arrasa entre cinco e seis hectáreas.

Os medios no caso de Quiroga son dous avións, cinco helicópteros, catro motobombas, oito brigadas e dous axentes.

Incendio
Incendio | Fonte: remitida

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta