Un incendio que comezou de madrugada na Pobra do Caramiñal xa queimou máis de 20 hectáreas

O lume segue activo e, segundo indicou a Consellería de Medio Rural, "todo indica que foi intencionado".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/07/2020 | Actualizada ás 10:26

Comparte esta noticia

Un incendio que permanece activo e que se declarou de madrugada na Pobra do Caramiñal (A Coruña) queimou xa máis de 20 hectáreas, informou este sábado nun comunicado a Consellería do Medio Rural.

O lume afecta a parroquia de Lesón e empezou ao redor das 3:30 horas deste sábado, polo que "todo indica que foi intencionado". Segue activo e para controlalo mobilizáronse ata agora cinco axentes, seis brigadas, cinco motobombas e unha pa.

Está previsto, agrega Medio Rural, que "o máis axiña posible" se incorporen medios aéreos para colaborar nos labores de extinción.

A consellería lembra que hai un número gratuíto, o 085, ao que os cidadáns deben chamar se detectan algún incendio forestal. Outro teléfono anónimo e gratuíto, o 900 815 085, permite denunciar actividades delituosas incendiarias.

Incendio
Incendio | Fonte: remitida

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta