Fiscalía pide 14 anos para un home acusado de agredir sexualmente a súa filla de sete anos

A Xunta fíxose cargo da tutela da nena no 2014.

Por E.P. | CORUÑA, A | 11/07/2020 | Actualizada ás 11:56

Comparte esta noticia

A Audiencia Provincial da Coruña celebrará o mércores, día 15, o xuízo contra un home acusado de agredir sexualmente á súa filla de sete anos de forma continuada, feitos polos que a Fiscalía pide 14 anos de cárcere, segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

O xuízo celebrarase a porta pechada contra o procesado, maior de idade e con antecedentes penais non computables, pai da menor coa que convivía.

Segundo o escrito de cualificación fiscal, en datas indeterminadas do ano 2014, cando a menor tiña sete anos, o procesado procedeu con ánimo lascivo a realizar cos nena actos de carácter sexual que incluían tocamentos e intento de penetración sen que conste que o logrou.

Mediante resolución de 4 de setembro de 2014 acordouse o desamparo da nena, asumindo a tutela a Xunta. "Os feitos descritos determinan que o acusado non é o adecuado para encargarse do coidado da menor nin do exercicio dos deberes inherentes á patria potestade, ademais de deixar unha pegada psicolóxica na nena que interfire no seu proceso de formación no ámbito sexual", sinala a cualificación fiscal.

Sentenza do Tribunal Supremo
Sentenza do Tribunal Supremo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta