Baixan os casos no gran foco da Mariña coincidindo co día das eleccións e cando se fan menos PCRs

A diminución de casos activos agocha catro novos positivos e cinco altas relacionadas con este brote.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/07/2020 | Actualizada ás 12:32

Comparte esta noticia

O número de casos activos de coronavirus en Galicia descendeu en seis ata os 253 este domingo, con catro menos na área de Lugo --onde se rexistra un gran brote na Mariña-- e un máis en Vigo e outro Pontevedra. Unha baixada no foco da Mariña tras máis dunha semana con incremento de positivos e que coincide coa realización de menos PCrs e coas eleccións galegas que se celebran este domingo.

Así se reflicte nos datos actualizados este domingo pola Consellería de Sanidade, que sinala que do total de pacientes positivos, catro seguen en unidades de hospitalización convencional --un máis que este sábado--, un na UCI --sen cambios-- e 248 en seguimento domiciliario --sete menos respecto da xornada pasada--.

Dos 253 casos positivos, 199 corresponden á área de Lugo --catro menos con respecto a este sábado--; 19 á da Coruña e Cee --tres menos--; 14 á de Santiago e Barbanza --sen cambios--; 11 á de Vigo --un máis--; catro á de Ourense --uno menos--; un á de Ferrol --igual-- e cinco á de Pontevedra --un máis--.

Dentro do total de casos rexistrados en Galicia hai un vinculado con centros residenciais, segundo indica Sanidade, que corresponde a un traballador, mentres as residencias seguen sen usuarios infectados. Sanidade apunta que, ata a data, curáronse en Galicia 10.940 persoas e faleceron 619 pacientes con COVID. A última vítima foi notificada o 10 de xuño, que se corresponde cun home de 83 anos que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo. Do total, 274 estaban vinculadas con residencias.

Test COVID-19 en Galicia.. DAVID CABEZÓN/XUNTA DE GALICIA - Arquivo / Europa Press
Test COVID-19 en Galicia.. DAVID CABEZÓN/XUNTA DE GALICIA - Arquivo / Europa Press

BROTE

Os datos concretos do brote revelan un descenso no total de casos activos ata situarse nos 185, pero esa diminución agocha catro novos positivos e cinco altas.

Así o informou este domingo a área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, que explicou que "nas últimas horas reduciuse o número de casos activos" e, segundo as probas realizadas ata esta mañá, confirmáronse outro catro casos activos relacionados co brote.

Por iso, ata o momento as persoas afectadas por COVID-19 vinculadas ao brote que se curaron superan as 30 e recibiron ao alta tras superar esta enfermidade.

Na xornada deste pasado sábado, puntualizaron as mesmas fontes, realizáronse 135 PCR a persoas relacionadas con este brote, das que catro obtiveron resultado positivo, "o que implica unha porcentaxe moi baixa respecto ao momento no que se adoptaron as medidas especiais para conter o brote no distrito da Mariña", cando "aproximadamente o 20% das PCR realizadas eran positivas", matizaron.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta