Temas: ELECCIóNS

A participación estáncase: votou o 42,95% do censo, datos semellantes aos do 2016

Galicia rexistrou só medio punto máis ca nos anteriores comicios. Aumenta en Pontevedra e na Coruña, pero diminúe nas provincias de Lugo e Ourense.

Por Galicia Confidencial | LUGO | 12/07/2020 | Actualizada ás 13:14

Comparte esta noticia

participación nas eleccións autonómicas estáncase tras a suba detectada na franxa da mañá. Segundo os datos oficiais, ás 17:00 horas votou o 42,95% do censo galego, fronte ao 42,49% das autonómicas do 2016. Así, falariamos dun incremento de algo menos de medio punto.

Mesa electoral no 12-X
Mesa electoral no 12-X | Fonte: © Miguel Núñez

Disto informou o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, que facilitou o dato no centro de prensa habilitado na Xunta. Se ben ao mediodía os datos amosaban un aumento importante na participación (19,32%, catro puntos máis ca no 2016), a actualización da media tarde revelan porcentaxes practicamente iguais ca as daqueles comicios. Ademais, mentres que pola mañá todas as provincias galegas presentaban unha suba na participación, agora tan só A Coruña e Pontevedra manteñen esa tendencia (con +0,81% e +1,30%, respectivamente). En Lugo e Ourense diminuíu (-0,92% e -1,82%).

ÁS 12:00 HORAS

Os datos do mediodía deixaban un incremento xeneralizado en toda Galicia, incluída a comarca da Mariña (Lugo), afectada por un importante foco de coronavirus. Pasadas as 12:00 da mañá, Santiago Villanueva indicaba que na provincia de Ourense a participación ao mediodía ascendera ao 21,49% -tres puntos máis que en 2016-; ao 19,8% na de Pontevedra -cinco puntos máis-; 18,71% no da Coruña -catro puntos máis- e 18,14% na de Lugo -case tres puntos máis-.

Villanueva sinalaba, así mesmo, que na localidade de Burela (Lugo), epicentro do brote de COVID-19 na comarca da Mariña e único municipio coa mobilidade restrinxida durante cinco días ao seu termo municipal, a participación ás 12,00 horas ascendía ao 15,75 por cento, 2,6 puntos máis que en 2016.

Temas: ELECCIóNS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Alienao

Desta vai!