Denuncian novas carretaxes de votos de persoas sensibles á Covid-19 dun asilo de monxas de Verin

Estas persoas, moitas de mobilidade reducida, tiveron preferencia, o que provocou que outros votantes desistiran do intento ante asgrandes colas.

Por Galicia Confidencial | Verín | 12/07/2020 | Actualizada ás 16:53

Comparte esta noticia

Foi a imaxe desta mañá nas inmediacións do hospital de Verín e a carón do campo de fútbol do José Arjiz da vila. Ao longo de máis de dúas horas, a secuencia foi sempre a mesma: persoal do asilo de anciáns ou mesmo relixiosas empurrando cadeiras de rodas de anciáns con evidentes dificultades motoras e, poida que nalgún caso, ata congnitivas.

Cara as dez da mañá comezaron a chegar os primeiros maiores, ben empurrados por relixiosas, ben en automóbiles das auxiliares do xeriátrico próximo. As xa altas temperaturas que se rexistraban, 26 graos ás 10:30 horas, supuñan, para calquera, e máis para os anciáns, un evidente risco.

As monxas e persoal dun asilo trasladan a residentes para votar nas eleccións galegas do 12X
As monxas e persoal dun asilo trasladan a residentes para votar nas eleccións galegas do 12X | Fonte: DdT

OUTRA XENTE DESISTIU DE VOTAR POLAS COLAS

Ao ser persoas maiores tiñan preferencia a hora de votar, o que provocou que xente máis nova desistira de exercer o seu dereito ao voto tras esperar máis de 20 minutos nalgúns dos casos. Grande parte dos maiores que alí votaron nesas horas procedía do asilo verinense.

As condicións climatolóxicas tan severas que se rexistraban levaron aos técnicos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Verín a instalar unhas carpas que protexesen aos que se vían obrigados a agardar a quenda dos maiores do asilo.

Ata a cara as doce do mediodía, a imaxe na avenida de Laza á altura do hospital foi a mesma: máis dunha ducia de anciáns en cadeira de rodas empurradas por persoal ou relixiosas camiño do ximnasio do campo de fútbol da vila de Verín, tal e como recolle o xornal colaborador DdT.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

4 Manuel..

Hai moito demoácrata suelto.

3 Brais Rodríguez

Recordemos cuando una excursión de jubilados que iban a Portugal acabó enchufada en un mitin de Anxo Quintana en Oia.

2 Fermín

Denunciades que? Nas municipais pasadas moitos concellos galegos gobernados polo BNG, PSdeG e Mareas-Podemos levaron aos vellos das aldeas en autobuses a votar. Parece que a denuncia é máis ben un "pataleo"...

1 Gustavo

Denunciamos sacar a anciáns de residencias en medio da pandemia de Covid, sometelos ao risco de contaxio e ás temperaturas que había. Denúnciase, coma sempre, que as monxiñas leven a votar a xente que probablemente non saiba nin qué vota. E sacalos das residencias cando nelas non poden entrar nen os familiares, polo risco. Miserables!

1 Moine

A eireja católica é umha organizaçom perversa. Recomendo ler “Opus Diaboli” de Karlheinz Deschner. Sempre está contra a liberdade e a dignidade dos humildes, é umha ferramenta de submissom dos pobres diante dos poderosos; ontem, senhores feudais, hoje, banqueiros.