4.500 gandeiros galegos esixen compensacións polas vendas de leite a prezos ilegais

Unións Agrarias adianta que o volume final de demandas podería ser maior logo da ampliación do prazo para presentar os recursos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/07/2020 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

Unións Agrarias (UU.AA.) está a tramitar un total de 5.200 reclamacións de gandeiros contra o cártel lácteo para conseguir unha indemnización polo cobrado de menos debido ás prácticas ilegais de pacto de prezos entre industrias.

Aínda que o 11 de xullo expiraba o prazo para as reclamacións, este período foi ampliado ata o mes de setembro debido ao estado de alarma, polo que Unións Agrarias espera que se somen máis afectados.

Os gandeiros poden pedir o reingreso dos cobrado de menos sigan ou non en activo. En concreto, estímase que no ano 2000 había uns 35.000 produtores que facían vendas de leite en Galicia, os cales percibiron ao redor dun 10% menos do prezo que lles correspondía, uns tres céntimos por litro.

En total, recorreron a este procedemento da man de Unións Agrarias son 4.500 gandeiros galegos, 300 de Castela e León; máis de 300 de Asturias e 50 de Estremadura.

Esta situación chega tras a resolución da Competencia Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC) sobre a industria láctea, á que condenou a pagar unha multa de 80,2 millóns de euros polos pactos de prezos producidos entre os anos 2000 e 2013 en España.

Nun comunicado, o sindicato agrario apunta que esta é "unha oportunidade histórica para que os gandeiros sexan compensados polas prácticas ilícitas impulsadas durante anos polas industrias".

Vacas da raza Frisoa.. DIP PALENCIA - Arquivo
Vacas da raza Frisoa.. DIP PALENCIA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta