Tres millóns de euros adicionais para as universidades galegas

Todo iso para que se realice o inicio de curso con "plenas garantías" académicas e sanitarias.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/07/2020 | Actualizada ás 19:06

Comparte esta noticia

A Consellería de Educación dotará ás universidades de tres millóns de euros en fondos adicionais para afrontar a adaptación ao curso 2020-21 á nova situación xerada fronte á pandemia do coronavirus.

Así llo transmitiu o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro, ás xerencias e vicerrectorías económicas de Santiago (USC), A Coruña (UDC) e Vigo (UVigo).

Segundo informa o Goberno galego nun comunicado, cada unha deste tres institucións académicas recibirá unha parte fixa, mentres haberá unha parte variable en función do indicador do custo estándar co que se reparte o fondo estrutural do plan de financiamento.

De tal forma, poderán decidir libremente como asignar estes fondos en función das súas particulares necesidades, de acordo coa súa autonomía de xestión. Con todo, o uso desta partida deberá centrarse en medidas sanitarias, formación, equipos, mellora tecnolóxica de instalacións, ampliación de infraestruturas e apoio a docencia mixta, entre outros.

Todo iso para que se realice o inicio de curso con "plenas garantías" académicas e sanitarias, segundo destaca a Consellería de Educación.

A este respecto, tense en conta que a suspensión e clases o pasado mes de marzo pola pandemia supuxo que os centros tivesen que afrontar gastos extra paa a mellora de infraestruturas TIC, formación en competencias dixitais do persoal e produción de artigos útiles para a loita contra á pandemia, entre outras.

Reunión de José Alberto Díez de Castro coas universidades. CONCHI PAZ
Reunión de José Alberto Díez de Castro coas universidades. CONCHI PAZ | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta