A transferencia de tecnoloxía é impresicindible para superar a crise sanitaria segundo a RAGC

O presidente da Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), Juan M. Lema Rodicio, pon en valor a divulgación da ciencia porque "unha cidadanía culta e informada será máis proclive a apostar pola ciencia e a innovación".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/07/2020 | Actualizada ás 20:04

Comparte esta noticia



O presidente da Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), Juan M. Lema Rodicio, destacou a importancia da transferencia de tecnoloxía para superar a crise sanitaria.

A Academia Galega de Ciencias e a Axencia Galega de Innovación entregaron esta tarde de martes os galardóns da sexta edición dos Premios á Transferencia de Tecnoloxía en Galicia a grupos de investigación do Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (Inibic) e da USC e a unha 'spin-off' da UVigo.

Durante o acto tamén foron entregados o primeiro Premio de Divulgación Científica a Jorge Mira, así como os Premios de Xornalismo Científico Celia Brañas a Xavier Fonseca e Selina Otero.

Pola súa banda, a directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Xunta de Galicia, Patricia Argerey, subliñou que a transferencia de tecnoloxía é unha prioridade nas políticas de I+D+i da Xunta de Galicia, á vez que pon en valor a divulgación da ciencia porque "unha cidadanía culta e informada será máis proclive a apostar pola ciencia e a innovación".

Facultade de Ciencias no Campus de Lugo
Facultade de Ciencias no Campus de Lugo | Fonte: Páxinas Galegas

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta