Falecen unha nai e o seu fillo nun accidente de tráfico na A6 á altura de Abegondo

No suceso resultou ferida outra ocupante, de 18 anos, que foi evacuada ao hospital. O fillo, de 19 anos, conducía o turismo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/07/2020 | Actualizada ás 12:43

Comparte esta noticia

Unha muller de 55 anos e o seu fillo, de 19 faleceron nun accidente de tráfico ocorrido ás 9.48 horas na A-6 á altura de Mabegondo, en Abegondo, segundo informan fontes de Tráfico. Outra ocupante do vehículo, de 18 anos, resultou ferida e que foi evacuada ao hospital nun helicóptero medicalizado con base en Santiago.

O mozo era o condutor do vehículo, que se saíu da vía á altura do quilómetro 573, segundo as mesmas fontes. O Servizo de Emerxencias 112 recibiu a chamada dun particular, que alertaba de "persoas feridas e atrapadas" no coche, polo que se requiriu a presenza de equipos de excarceración do servizo de bombeiros de Betanzos.

Tamén acudiron á zona, segundo engaden desde o 112, Policía Local e Protección Civil do municipio coruñés.

Autovía
Autovía | Fonte: © Miguel Núñez.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta