449 días de lista de espera. Feijóo, que?

Fai días que saíu o presidente Feijóo, alá polo mes de xaneiro presumindo dos datos na lista de espera do SERGAS, e viña a dicir que se reducira o tempo de espera para as ciruxías máis graves e as graves (prioridade 1 e 2) e o que máis me chamaba a atención era a comparación facía co ano 2009. Xa postos, pode comparala coa 1980 e seguro que os datos lle dan aínda mellor –ou non, no o sei-.

Por Blas García | Boiro | 19/02/2013

Comparte esta noticia
Pero eu, asistindo a esa publireportaxe que lle facían no informativo da TVG onde un presidente exultante e cheo de ledicia polo éxito acadado lembraba dous detalles: primeiro veume á cabeza meu pai cando lle diagnosticaron (no Hospital do Barbanza) un cáncer de próstata e tivo que pedir cita en oncoloxía no Hospital de Santiago para volver a miralo e decidir que tratamento era o máis adecuado; para a consulta tiña que esperar entre catro e cinco meses, e despois para iniciar o tratamento de radioloxía «só» debería de estar seis meses esperando para empezar a ser tratado; o que polas miñas contas -aínda que son de letras- veñen a ser uns dez ou once meses -300 días aproximadamente-. E iso que era un cáncer … de próstata, pero un cáncer.
 
Tamén tiven que recordar os días que levaba eu esperando a que me chamaran para realizarme unha ciruxía ambulatoria, e tamén recordar onde gardara o papel da inclusión na lista de espera –porque xa non me lembraba onde o tiña-. Pensando, pensando, lembreime que fora o 7 de decembro do ano 11 –como lle gusta dicir ao noso presidente- e polas miñas contas só transcurriron 449 días –á data deste post-. Certo é que a miña é unha ciruxía de prioridade 3, desas chamadas menores e sin importancia, pero a verdade é que me resulta chocante e ata algo molesta a actitude amosada por Feijóo, xa que a xente da rúa sabemos que esos datos non son certos en ningún dos casos, que os tempos de espera son moito maiores e que na maioría dos casos tes que recurrir a un amigo ou un coñecido para que che poidan atender antes; ou, no peor dos casos, pagar por ir a unha clínica privada para que che atendan e despois che busque un oco nun hospital público.
 
O día que fun ao médico, este díxome que nun prazo de dous ou tres meses podían chamarme para facerme a ciruxía, e eu pensei: Puf!! Aínda me vai a coincidir co Congreso Nacional (traballo no PSdeG), pero a este paso aínda imos a celebrar o seguinte e eu continuarei na lista de espera.
 
Pero o que máis me acaba de sorprender agora mesmo son os datos da lista de espera estrutural cirúrxica por hospitais que presenta o SERGAS na súa web a día 31 de decembro do ano 12 -que diría EL-, porque aí atópome con que no CHUS (Hospital de Santiago) non hai ningún paciente con máis de doce meses de espera, entón, que pasou comigo? Desaparecín da lista de espera? Non formo parte da estatística? Ou, o SERGAS minte sobre os datos? Ao mellor resulta que Feijóo non ten motivos para amosarse tan feliz e contento cos seus datos.
 
E sobre a miña operación, xa vos irei contando.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Blas García Blas García Piñeiro, nado en Cespón (Boiro) no ano 1969, aínda que agora vive en Ames. Estudiou Filoloxía Hispánica. Militante do PSdeG. Foi concelleiro en Boiro e Sº Xeral do PSdeG-PSOE de Boiro e da comarca do Barbanza. Na actualidade é Responsable de Comunicación dos Socialistas de Ames. A súa actividade profesional desenvólvese no mundo das redes sociais e a comunicación 2.0. Podes seguilo en www.blasgarcia.com