O reitor da USC pide á Xunta "recuperar investimento" para o sistema universitario

As universidades, afirmou, teñen "datos que avalan" que é necesario "un esforzo para recuperar investimento universitario", tras "axustes moi importantes".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/07/2020 | Actualizada ás 15:40

Comparte esta noticia

O reitor da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Antonio López, pediu este mércores á Xunta negociar o plan de financiamento universitario para o próximos cinco anos e "facer un esforzo por recuperar investimento" para estes centros.

En resposta a preguntas dos medios tras unha rolda de prensa para presentar un programa de fomento do emprendimiento feminino xunto ao vicepresidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, López indicou que esta é "unha tarefa pendente" que teñen as universidades e o Goberno galego, que se viu atrasada por mor das eleccións do pasado domingo.

Tanto a administración como as universidades, agregou, son "conscientes" da necesidade de abordar o asunto. Galicia, resaltou, é a comunidade autónoma que "leva máis tempo" con programas plurianuais de financiamento, o cal é "un valor" para ter proxectos "a medio prazo" e para a toma de decisións.

As universidades, afirmou, teñen "datos que avalan" que é necesario "un esforzo para recuperar investimento universitario", tras "axustes moi importantes". A pandemia, continuou, "obriga" a reformularse a situación, ante a "incerteza" que se xera.

Onte mesmo produciuse un acordo para repartir "unha primeira partida" de 3 millóns de euros entre as universidades galegas para "as necesidades máis imperiosas" para terminar este curso e empezar o seguinte, dixo López, que confía en que cheguen fondos tamén estatais e europeos.

O reitor da USC, Antonio López, durante a celebración do San Tomé.. USC
O reitor da USC, Antonio López, durante a celebración do San Tomé.. USC

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta