Detidas dúas persoas por tráfico de drogas en Ribeira

A Policía Nacional destacou que aos dous detidos en relación con estes feitos cónstanlles antecedentes policiais por feitos similares.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/07/2020 | Actualizada ás 17:45

Comparte esta noticia

Axentes da Policía Nacional adscritos á comisaría de Ribeira detiveron a un home e a unha muller de 77 e 48 anos, respectivamente, como presuntos autores dun delito contra a saúde pública, na súa modalidade de tráfico de drogas, tras serlles intervidas doses de cocaína e heroína.

Segundo informou a Policía Nacional, no marco dun dispositivo establecido para a prevención do tráfico de drogas na localidade de Ribeira, agemtes interceptaron e identificaron a un home e a unha muller, aos que localizaron entre as súas pertenzas dúas bolsas plásticas que contiñan "unha certa cantidade de sustancia estupefaciente (cocaína e heroína)".

A Policía Nacional destacou que aos dous detidos en relación con estes feitos cónstanlle antecedentes policiais por feitos similares.

Así mesmo, interviñéronlles 1.609,79 euros en efectivo, en billetes e moedas de diverso valor, así como dous terminais telefónicos e un vehículo utilizado para o transporte e garda da sustancia e o diñeiro.

Tras tramitarse as correspondentes dilixencias policiais, foi trasladado todo o actuado ao Xulgado de Instrución número 1 de Ribeira, en funcións de garda.

Efectos intervidos a dúas persoas detidas por tráfico de drogas tras localizarlles doses de cocaína e heroína en Ribeira.. POLICÍA NACIONAL
Efectos intervidos a dúas persoas detidas por tráfico de drogas tras localizarlles doses de cocaína e heroína en Ribeira.. POLICÍA NACIONAL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta