Alertan de que Feijóo usará a súa maioría para seguir facendo concesións ós hospitais privados

A Asociación para a Defensa da Sanidade Pública considera que o executivo do PP dará "un novo impulso á privatización e o desmantelamento" do sistema públco atendendo ás presións de POVISA e demais empresas.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/07/2020 | Actualizada ás 21:35

Comparte esta noticia

O trunfo de Alberto Núñez Feijóo na reelección como presidente da Xunta de Galicia comeza a levantar as primeiras protestas e advertencias por parte dos colectivos implicados na defensa da sanidade pública. Logo de que, apenas uns días despois das eleccións, o executivo popular decidira pechar a planta de pediatría do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo ou retirara a ambulancia do Salnés para levala a Sanxenxo, a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública altera que o trunfo de Feijóo "continua a ser un grave risco para a sustentabilidade do Sistema Sanitario Público de Galicia".

O presidente do PP, Pablo Casado, xunto ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, durante a reunión do Comité Executivo Nacional do Partido Popular na sede nacional do partido, en Madrid (España), a 15 de xullo de 2020.. Ricardo Rubio - Europa Press
O presidente do PP, Pablo Casado, xunto ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, durante a reunión do Comité Executivo Nacional do Partido Popular na sede nacional do partido, en Madrid (España), a 15 de xullo de 2020.. Ricardo Rubio - Europa Press

Dende a asociación lembran a política sanitaria do presidente da Xunta, que din, está "centrada en recortar, desmantelar e privatizar a Sanidade Pública Galega, para favorecer aos grupos de presión", entre os que nomean hospitais privados como o POVISA e demais centros de empresas multinacionais e fondos de investimento. Neste contexto, e tendo en conta a maioría absoluta do PP, defenden que Feijóo dará "un novo impulso ó proceso de privatización na sanidade aproveitando o shock social tras a pandemia de covid 19".

Fronte a esta perspectiva, as demandas do colectivo oriéntanse a rematar coa "paralización de boa parte das consultas de Atención Primaria", que, segundo apuntan, están a ser "substituídas por consultas telefónicas ou telemáticas non presenciais, pese ao descenso da pandemia"; dúas circunstancias que incorren nunha "discriminación á poboación maior con dificultades para manexar estes medios" pero tamén "un risco para a saúde da poboación" en xeral. "En medicina, é moi difícil diagnosticar e tratar adecuadamente sen a presenza da persoa enferma e das exploracións correspondentes", defenden.

Nesta circunstancia, a Asociación fai un chamamento á poboación e os profesionais da saúde a "manter as mobilizacións en Defensa da Sanidade Pública en Galicia" logo do "triunfo electoral das políticas privatizadoras e de desmantelamento" de Núñez Feijoo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta