'Os peixes non necesitan máscaras', campaña para concienciar da necesidade de tirar as máscaras ao contedor

"Calcúlase que estas máscaras tardan ao redor de 400 anos en degradarse completamente", indica a asociación Arco Iris.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/07/2020 | Actualizada ás 17:12

Comparte esta noticia

A asociación ecoloxista Arco Iris, Gadis e Tranvías da Coruña colaboran na difusión dunha campá que busca concienciar sobre a necesidade de tirar as máscaras usadas ao colector, baixo a premisa de que 'Os peixes non necesitan máscaras'.

Os responsables de Arco Iris apostaron por esta campaña dado o "grave perigo ambiental derivado do abandono de máscaras na vía pública ou nas praias". Así, lembran, "sería de esperar que ao redor do 10% destes residuos perigosos puidese acabar no mar".

A campaña busca, precisamente, "que esa porcentaxe se reduza ao máximo", xa que "se calcula que estas máscaras tardan ao redor de 400 anos en degradarse completamente", indica Arco Iris.

Os ecoloxistas apuntan que nestes momentos xa hai zonas do Mar Mediterráneo "onde o número de máscaras e luvas de látex supera mesmo ao das medusas" e "está xa provocando mortalidade de animais vulnerables como as tartarugas mariñas".

Arco Iris fomentará a presenza dos carteis desta campaña en municipios costeiros, a través da colaboración cos concellos de máis presenza turística, coa intención de concienciar a veciños e visitantes da importancia de desfacerse correctamente destes produtos.

Campaña para depositar as máscaras no colector.. ARCO IRIS
Campaña para depositar as máscaras no colector.. ARCO IRIS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta