Temas: INE GALICIA DATOS

A debilidade da industria galega: cae un 40% en marzo, só por detrás de Baleares

A destrucción é menor no sector servizos: un 30%.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/07/2020 | Actualizada ás 12:01

Comparte esta noticia

A pandemia vén de poñer de manifesto a debilidade da industria galega, unha debilidade que queda patente nas cifras publicadas esta mañá polo INE. Segundo afirma o instituto público, as vendas da industria esborralláronse un 39,9% en maio en Galicia en comparación co mesmo mes do ano anterior.

Variación da cifra de negocios do sector servizos en maio
Variación da cifra de negocios do sector servizos en maio | Fonte: Europa Press

Esta cifra, se ben é máis moderada que o 48,3% de caída rexistrado en abril, supón unha vez máis o segundo maior esborralle a nivel nacional, só por baixo de Baleares (42,1%) e máis de seis puntos por encima da media nacional (33,1%).

A raíz do impacto do coronavirus na actividade económica, en Galicia prodúcense tres descensos interanuais consecutivos --marzo, abril e maio--, tras os incrementos de xaneiro e febreiro cos que se comezou o ano. No acumulado do ano, entre xaneiro e maio prodúcese unha diminución do 18,3%, lixeiramente por riba da media nacional (do 18,1%).

Corrixido o efecto calendario e a estacionalidade, a cifra de negocios da industria baixou un 29,3% interanual no quinto mes do ano, fronte ao retroceso do 40,8% de abril, que foi o maior da serie.

Os datos de destrución económica son lixeiramente máis benignos no caso do sector servizos, que segundo publica esta mañá o INE  rexistrou un descenso da súa facturación do 29,8 no mes de maio, se ben se trata dunha cifra máis moderada que o 43,6% de caída que se produciu no mes de abril, a maior de toda a serie histórica.

Con todo, e segundo o organismo público, a facturación do sector servizos caeu menos que a media do estado, que foi do 33,6%. As cifras de España tamén amosan unha ralentización con respecto ás baixadas vertixinosas do cuarto mes do ano. Pola súa banda, a ocupación diminuíu un 6,5% en Galicia durante o quinto mes do ano, e iso sen contabilizar as persoas en ERTE.

LENE REAPERTURA

Con este descenso, os servizos encadean tres meses consecutivos de fortes retrocesos interanuais como consecuencia da pandemia e os seus efectos sobre a economía.

O INE lembra que desde o 4 de maio, de acordo co plan para a transición cara a nova normalidade, os locais comerciais que non tiñan permitida a venda ao público foron reabrindo as súas portas e adaptando os seus aforamentos. Desta forma, hoteis, establecementos turísticos e actividades de restauración puideron abrir ao público con certas restricións conforme os distintos territorios foron alcanzando as diferentes fases da desescalada.

Esta reactivación motivou que a facturación do sector servizos repuntara en maio un 15,5% respecto ao mes de abril (sen efectos estacionales e de calendario), destacando os fortes avances da venda e reparación de vehículos e automóbiles (+198,3%) e da hostalaría (+128,8%).

Temas: INE GALICIA DATOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta