O foco de Betanzos segue medrando e alcanza xa os 10 casos

O sergas informa dun novo positivo logo de facer 60 PCR.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/07/2020 | Actualizada ás 13:57

Comparte esta noticia

O brote de COVID-19 de Betanzos sumou un novo positivo e o total ascende este venres a 10, informaron fontes sanitarias da área da Coruña-Cee.

Este xoves fixéronse 60 probas PCR que detectaron un único positivo, o que elevou a unha decena os casos totais.

O brote afecta a catro persoas dunha familia que conviven na mesma casa e permanecen illadas e en seguimento por parte do seu médico de atención primaria. Outras dúas persoas, que non forman parte desta familia e que conviven, están tamén no seu domicilio e o seu médico de cabeceira segue o seu estado.

Coas 75 PCR que se realizaron o mércores detectáronse tres positivos. Estes e o que se suma este venres "non están vinculados coa familia" na que se detectou inicialmente o coronavirus, indicaron as mesmas fontes.

Unha vez que se fixeron probas á contorna laboral, de lecer e de deporte dos positivos, "séguense rastrexando todos os contactos estreitos e facendo estudo dos mesmos", agregaron fontes sanitarias.

Probas de COVID-19 desde o coche nas inmediacións de Burela, Lugo, Galicia (España), a 6 de xullo de 2020. Carlos Castro - Europa Press
Probas de COVID-19 desde o coche nas inmediacións de Burela, Lugo, Galicia (España), a 6 de xullo de 2020. Carlos Castro - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta