Galicia tamén fará obrigatorio o uso de máscara aínda cando se cumpra a distancia de seguridade

A decisión da Xunta abrangue espazos públicos e privados agás praias, piscinas, establecementos hosteleiros e espazos compartidos por persoas conviventes.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/07/2020 | Actualizada ás 14:02

Comparte esta noticia

Os galegos estarán obrigados a portar máscara en espazos públicos aínda cando respecten a distancia de seguridade. Así o vén de anunciar o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta de Galicia, que puntualiza que a medida abrangue tanto espazo públicos como privados. Galicia é a décimo terceira autonomía en tomar esta medida no conxunto do estado. 

Mulleres con máscaras de protección contra o coronavirus
Mulleres con máscaras de protección contra o coronavirus | Fonte: © Miguel Núñez.

Tan só quedan eximidos desta esixencias as persoas con problemas respiratorios. Á parte, e segundo apuntan as autoridades autonómicas, a máscara tampouco será obrigatoria en espazos que se compartan con persoas convivintes, praias e piscinas -sempre que se permaneza nun sitio fixo no canto de deambular polo recinto ou praia-, establecementos hosteleiros durante as consumicións e á hora de desenvolver exercicio ó aire libre.

PIDEN EVITAR AS FESTAS MASIVAS

Na mesma xornada na que foi anunciada esta medida o Consello da Xunta fixo fincapé na recomendación de diminuír as festas masivas en propiedades privadas, xa que, segundo apuntaron, o maior foco de contaxio -á parte dos casos importados- xorden do ocio nocturno.

USO XERALIZADO

Todos os expertos coinciden en que o uso xeneralizado de máscaras está a mostrarse como unha das meiddas máis eficaces para evitar a transmisión do virus", sinalou o titular da Xunta. Así as cousas, Galicia súmase ás comunidades autónomas que, ao longo das últimas semanas, decidiron estender o uso de máscaras a todos os supostos. Ata o momento, o seu emprego ao aire libre estaba vinculado á imposibilidade de gardar a distancia de seguridade dun metro e medio.

SANCIÓNS

O que non quedou concretado é o réxime de sancións. Neste sentido, o presidente galego volveu reclamar un plan de brotes estatal para que todas as autonomías "actúen coordinadamente". "Non pode ser que Galicia vaia por un lado e Asturias polo outro, ou que aquí a sanción sexa dunha maneira e noutro sitio, doutra", dixo Feijóo. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta