Alu Ibérica renova RRHH e promete a "continuidade" da planta da Coruña como "referente en aluminio verde"

A empresa quere que se converta en "referencia a nivel europeo na produción de aluminio verde circular.

Por E.P. | A Coruña | 17/07/2020 | Actualizada ás 16:29

Comparte esta noticia

A empresa Alu Ibérica anunciou que está "a reorganizar equipos" nas plantas da Coruña e Avilés para reforzar o seu compromiso coa "continuidade" de ambas as dúas, algo que frutificou este venres co nomeamento do director de Recursos Humanos.

Traballadores de Alu Ibérica Coruña reclaman intervención da factoría
Traballadores de Alu Ibérica Coruña reclaman intervención da factoría | Fonte: Cedida

A compañía mostra a súa intención de que se convertan en "referencia a nivel europeo na produción de aluminio verde circular".

Fontes da directiva da compañía detallan que están a ofrecer formación aos empregados en "novas técnicas de traballo" para avanzar na "reformulación" do traballo nas fábricas e tamén que están a proceder á contratación de novos directivos.

A empresa comunicou a incorporación de Francisco Jesús de Francisco Corbella como director de Recursos Humanos na Coruña e Avilés. A compañía detalla que ten "profundos coñecementos" en prevención de riscos laborais e "experiencia" en xestión de persoal de case dúas décadas.

O nomeamento anunciado pola empresa supón, engaden fontes da compañía, "un paso máis no proxecto de reconstrución das plantas" e mostran o avance, apuntan, "para alcanzar a etapa de evolución que levamos anunciando desde que aterramos en Galicia e Asturias".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta