O BNG insta o Goberno a condenar a ocupación israelí dos territorios palestinos de Cisxordania

Néstor Rego di que "os intentos de anexión por parte de Israel son unha clara violación do dereito internacional".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/07/2020 | Actualizada ás 21:20

Comparte esta noticia

O BNG instou ao Goberno a "condenar de forma pública e contundente" o plan de anexión dos territorios palestinos ocupados en Cisxordania por parte de Israel, ao entender que supón "unha violación" do dereito internacional e dos acordos alcanzados nos distintos procesos de paz.

Segundo informa o BNG nun comunicado, o deputado Néstor Rego denunciou no Congreso que a ministra de Asuntos Exteriores "non asinou o comunicado dirixido ao Alto Representante da Unión Europea para Asuntos Exteriores" no que se pedía unha actuación decidida por parte da UE no conflito palestino-israelí e evitar a anexión.

Néstor Rego destacou que este documento "deixa claro que os intentos de anexión por parte de Israel son unha clara violación do dereito internacional". Así mesmo, o BNG subliña que foron un total de 11 ministros de Asuntos Exteriores de distintos países membros da UE os que asinaron para esixir "unha intervención decidida" das institucións europeas para evitar a anexión.

Bandeiras de Israel e de Palestina nun enfrontamento na franxa de Gaza
Bandeiras de Israel e de Palestina nun enfrontamento na franxa de Gaza | Fonte: elconfidencialandalucia.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta