Compromiso da Deputación de Pontevedra coa 'Axenda 2030' mediante unha web sobre os seus proxectos para cumprila

"Somos unha Administración de referencia en todo o que ten que ver con estes 17 obxectivos. O noso compromiso é total e esta é unha mostra máis", trasladou a presidenta da Deputación, Carmela Silva.

Por E.P. | PONTEVEDRA | 18/07/2020 | Actualizada ás 20:19

Comparte esta noticia

A Deputación de Pontevedra dá "un paso máis no seu apoio decidido" á 'Axenda 2030' de Nacións Unidas, que establece un marco de referencia, a través de 17 grandes Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) para alcanzar un mundo sen pobreza, igualitario, xusto e sustentable.

A presidenta da institución, Carmela Silva, presentou unha nova web, específica sobre a 'Axenda', un espazo no que a cidadanía conta con información sobre os plans, proxectos e medidas da institución para cumprir os ODS.

"Somos unha Administración de referencia en todo o que ten que ver con estes 17 obxectivos. O noso compromiso é total e esta é unha mostra máis", trasladou Silva.

'RE-ACCIÓN CULTURAL'

A Deputación tamén informou este sábado de que o seu programa 'Re-Acción Cultural' dá o pistoletazo de saída con todas as prazas esgotadas nas primeiras noites dos castelos de Sobroso e Soutomaior.

As accións arrincan o vindeiro xoves 23 en Sobroso e o venres 24 en Soutomaior, e contarán con todas as medidas de seguridade para preservar a saúde pública.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, este venres. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, este venres. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta