Estabilizado o incendio de Ourense que leva queimadas 60 hectáreas

O incendio declarado na cidade de Ourense, na zona de Canibelos, comezou ao redor das 15,03 horas do sábado, no medio dun fin de semana no que case toda Galicia estivo en risco extremo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/07/2020 | Actualizada ás 20:53

Comparte esta noticia


O incendio que queimou unhas 60 hectáreas en Ourense está estabilizado desde as 19,15 horas deste domingo, informaron fontes da Consellería do Medio Rural, que indicaron tamén que o lume que afectaba o Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra, no municipio ourensán de Rubiá, está extinguido desde as 20,24 horas, tras calcinar 41,35 hectáreas.

O incendio declarado na cidade de Ourense, na zona de Canibelos, comezou ao redor das 15,03 horas do sábado, no medio dun fin de semana no que case toda Galicia estivo en risco extremo. Para apagar as chamas traballaron un técnico, 11 axentes, 31 brigadas, 20 motobombas, sete helicópteros e 11 avións.

No caso do lume de Rubiá, que se iniciou o venres, considérase xa extinguido, tras afectar a 30 hectáreas de monte arboledo e 11,35 de monte raso. Neste lugar traballaron un técnico, 14 axentes, 27 brigadas, 14 motobombas, cinco helicópteros e 11 avións, de acordo coa información de Medio Rural.

Por último, o incendio que afecta a Porto do Son desde a tarde do sábado está controlado desde as 11,14 horas deste domingo e a superficie afectada é de 24 hectáreas, das que 19 son arboredos e cinco, de monte raso.

Neste lume, na parroquia de San Pedro de Muro, traballaron oito axentes, 21 brigadas, 13 motobombas, dúas pas, catro avións e catro helicópteros.

Brigadas contraincendios no lume declarado perto de Ourense
Brigadas contraincendios no lume declarado perto de Ourense | Fonte: @briflaza

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta