Trasladan ao hospital a un mozo de 28 anos tras sufrir un atropelo en Ourense

Por E.P. | OURENSE | 20/07/2020 | Actualizada ás 10:10

Comparte esta noticia

Un mozo de 28 anos tivo que ser trasladado ao Hospital de Ourense tras sufrir un atropelo nas inmediacións do propio complexo sanitario.

Os feitos, segundo explicaron a Europa Press fontes do 112 Galicia, ocorreron na rúa Ramón Puga sobre as 8,50 horas da mañá deste luns.

Nese momento, unha ambulancia de Urxencias Sanitarias-061 atopouse co mozo ferido polo accidente e, tras informar do ocorrido á central do 112, trasladouno ao centro hospitalario para que fora atendido.

Pola súa banda, o 112 pasou o aviso aos bombeiros de Ourense, á Policía Local e a Protección Civil da cidade.

Un atropelo en Ourense
Un atropelo en Ourense | Fonte: youtube.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta