O mel do eucalipto galego, entre os mellores do mundo

O Mel de Brea-eucalipto de María del Mar Botana de A Estrada recibiu o Gold Honey Award no concurso internacional de mel London Awards.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/07/2020 | Actualizada ás 11:12

Comparte esta noticia

O pasado mes de xullo tivo lugar o recoñecido concurso internacional de meles London Awards. Dende a Asociación Galega de Apicultores (AGA) enviaron tres das mostras gañadoras do concurso de Meles Cinco Estrelas. Hoxe recibiron a lista de gañadores e houbo tres participantes que quedaron seleccionados os tres nas categorías de ouro, prata e bronce.

Abellas nun panal
Abellas nun panal

Gold Honey Award, ouro: Mel de Brea-eucalipto, de María del Mar Brea Botana, A Estrada; o Silver Honey Award, prata: Mel Abella Obreira-melato de carballo, de David Souto Gago, Riós; e o Bronze Honey Award, bronce: Mel Rural-queiroga, de Manuel Macía González-Euromel, S.C., Quiroga.

"Este acontecemento remarca a calidade e competitividade dos nosos meles e da forza que teñen para a súa comercialización internacional", indican dende AGA que segue a traballar para "mellorar e poder dar a coñecer o noso mel no mundo enteiro".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Joseva

Compre aumentar a extensión forestal de plantación de eucaliptos por todo Galicia (Ironía)......Que diantres ten que ver a mel e as abellas cunha árbore que no ten floración????