BNG pide, con outros grupos, unha comisión de investigación sobre a espionaxe a políticos

Néstor Rego indicou que ninguén debe de ser vixiado por defender un determinado proxecto político.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/07/2020 | Actualizada ás 13:00

Comparte esta noticia

BNG, xunto a ERC, JxCat, PNV, EH Bildu, CUP, EQUO, Compromís e Unidas Podemos, vén de rexistrar a proposta de creación dunha Comisión de Investigación sobre a espionaxe e intromisión á privacidade e intimidade de líderes políticos, institucións e persoas individuais por parte de estruturas públicas do Estado

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, durante a súa intervención nunha sesión plenaria na que ademais se debate o Decreto Lei 21
O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, durante a súa intervención nunha sesión plenaria na que ademais se debate o Decreto Lei 21 | Fonte: 2020, ou decreto da ?nova normalidade?, que rexe en España desde o termo do estado de alarma, en Madrid (Esp. Pool

Segundo informacións publicadas por The Guardian e El País revelan unha presunta espionaxe ao president do Parlament de Cataluña, Roger Torrent, a exdeputada das CUP, Anna Gabriel, e outros representantes do independentismo, así como ás investigacións e informacións referidas ao Caso Villarejo. “As forzas políticas asinantes denunciamos a gravidade destes feitos e esiximos que se investiguen até o final” subliñou o deputado do BNG, Néstor Rego.

O Congreso constatou a existencia dunha “policía patriótica” impulsada polo goberno do Partido Popular que se dedicada a atacar aos rivais políticos que contaba co seu brazo mediático e o seu brazo xudicial.

O deputado do BNG no Congreso dos Deputados salientou que “unha sociedade que pretenda ser democrática non pode ter cabida a persecución de rivais políticos co uso de métodos ilegais, como lamentablemente constatamos en demasiadas ocasións”.

O Bloque Nacionalista Galego esixe ao goberno que investigue os feitos, depure responsabilidades e adopte medidas drásticas para garantir que ninguén será vítima de espionaxe por defender un determinado proxecto político.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta