O brote de Betanzos mantense con 10 casos e 59 persoas en illamento ata este martes

Sanidade trasladoulles que o foco, que en realidade son dous círculos de persoas diferentes, continúa "controlado" e "estabilizado".

Por Europa Press / Redacción | Betanzos | 20/07/2020 | Actualizada ás 17:58

Comparte esta noticia

O brote de coronavirus rexistrado en Betanzos (A Coruña) desde o pasado mércores mantense con dez casos positivos e un total de 59 persoas que seguirán en illamento ata este martes, segundo informaron a Europa Press fontes municipais.

De acordo con estas mesmas fontes, a Consellería de Sanidade trasladoulles que o foco, que en realidade son dous círculos de persoas diferentes, continúa "controlado" e "estabilizado", posto que desde o pasado venres todas as PCR realizadas deron negativo.

Primeiramente, o brote de coronavirus foi detectado nunha familia de catro membros que viven no mesmo domicilio e que se descoñece onde se contaxiaron.

Ademais destes, hai outro seis casos nun grupo de amigos e dos cales un estivo a traballar en Lleida, posible orixe dos contagios, segundo sospeitan fontes municipais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta