Losada reclama aos novos mandos policiais de Vigo, Santiago e Monforte que preserven a seguridade sanitaria

O delegado do Goberno en Galicia destacou que esta tarefa é "prioritaria" para evitar un retroceso na pandemia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/07/2020 | Actualizada ás 19:07

Comparte esta noticia

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, recibiu este luns aos novos comisarios xefe de Santiago de Compostela, Vigo-Redondela e Monforte de Lemos, aos que trasladou a responsabilidade de facer cumprir as indicacións sanitarias fronte á COVID-19 entre a poboación.

Diso informou a Delegación do Goberno nun comunicado, no que sinala que esta tarefa é "prioritaria" para evitar un retroceso na pandemia e se una ás necesidades de seguridade estacionais, como as derivadas da loita contra os incendios forestais.

En concreto, o comisario Juan Cástor Vázquez Salgado asume a xefatura da Comisaría Local de Santiago, lugar onde estivera destinado anteriormente e ocupara o posto de Xefe da Brigada Local de Estranxeiría e Fronteiras. Vázquez ingresou na Policía Nacional o ano 1985 e, tras o seu ascenso a comisario, ocupaba o cargo do Xefe da Brigada Provincial de Seguridade Cidadá da Coruña.

O mando da comisaría de Vigo-Redondela pasa a Carlos Alfonso Valcárcel Araújo, que conta cunha traxectoria de máis de 40 anos activos na Policía Nacional. Neste período ocupou diferentes postos de traballo na Comisaría Provincial de Pontevedra e, entre 1986 e 1995, estivo destinado na Xefatura Superior de Navarra. O seu último destino tamén estaba vinculado á Comisaría de Vigo-Redondela, á que se incorporou en 2019.

Por último, a inspectora Xefa María Mónica Gutiérrez González incorpórase ao mando da Comisaría Local de Monforte. Tras o seu ingreso na Policía Nacional en 1999 ocupou diferentes responsabilidades como a función de profesora titular no Departamento de Técnicas Directivasy Ciencias Sociais; na División de Cooperación Internacional da Oficina de Interpol e na Unidade de Delincuencia Económica e Fiscal da Comisaría Xeral de Policía Xudicial.

O encontro contou a presenza do Xefe Superior de Policía en Galicia, José Luís Balseiro, e a xefa de Gabinete do delegado, María Rivas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta