O Concello da Coruña pide "explicacións" á Liga pola viaxe dos xogadores do Fuenlabrada contaxiados

Adiada a primeira parte do evento EcomWay que se ía a desenvolver este martes no hotel Finisterre, onde están confinados os xogadores do Fuenlabrada.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 21/07/2020 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

O Concello da Coruña pedirá "explicacións" á liga e á Federación Española de Fútbol por "consentir" a viaxe á cidade de xogadores do Club de Fútbol Fuenlabrada "presuntamente" contaxiados con Covid-19.

Nun comunicado de prensa, a administración local denuncia que a situación "pode pór en risco a saúde pública" na cidade tras "varios meses combatendo unha pandemia que aínda non está controlada" e que, engade, causou "preto de 30.000 mortos".

O Concello coruñés espera, segundo o escrito, "unha pronta recuperación" dos xogadores do equipo madrileño, pero insiste en que "este equipo nunca debeu viaxar á cidade nin se debeu disputar a xornada de Liga".

O Consorcio de Turismo da Coruña tamén anunciou o adiamento da primeira parte do evento EcomWay que se ía a desenvolver este martes no hotel Finisterre, onde están confinados os xogadores do Fuenlabrada, "por precaución". Nun comunicado, fontes do organismo explican que se comunicarán "novas datas" para o acto.

Xogadores do CF Fuenlabrada na expedición do equipo madrileño á Coruña, para xogar contra o Deportivo en LaLiga SmartBank. CF FUENLABRADA
Xogadores do CF Fuenlabrada na expedición do equipo madrileño á Coruña, para xogar contra o Deportivo en LaLiga SmartBank. CF FUENLABRADA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta