Temas: CRISE POBREZA

A poboación galega en risco de pobreza aumenta ao 20%, máis de medio millón de persoas

O 40,8% dos fogares galegos non pode permitirse ir de vacacións e o 5,7% ten moita dificultade para chegar a fin de mes.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 21/07/2020 | Actualizada ás 14:13

Comparte esta noticia

O 20% da poboación galega, unhas 540.000 persoas, vive en risco de pobreza en 2019, segundo a 'Enquisa de Condicións de Vida' publicada este martes polo Instituto Nacional de Estatística (INE). Esta taxa increméntase en máis dun punto respecto ao ano 2018, cando a cifra de risco de pobreza situábase no 18,8%.

Voluntarios traballan na sede do Banco de Alimentos de Vigo
Voluntarios traballan na sede do Banco de Alimentos de Vigo | Fonte: FUNDACIÓN PROVINCIAL BANCO DE ALIMENTOS DE VIGO.

A poboación nesta situación en Galicia (o 20%) é moi similar ao dato rexistrado en España (20,7%). Ocupa o oitavo posto entre comunidades. As taxas máis elevadas déronse en Estremadura (31,5%), Andalucía (31,3%) e Canarias (28,5%), mentres que a Comunidade Foral de Navarra (7,7%) e País Vasco (10,0%) presentaron as máis baixas.

En canto á taxa AROPE de risco de pobreza ou exclusión social --que se constrúe coa poboación que se atopa en risco de pobreza ou con carencia material ou con baixa intensidade no emprego--, en Galicia sitúase no 24,3%, un punto por baixo da media (25,3%).

As taxas AROPE máis elevadas déronse en Estremadura (37,7%), Andalucía (37,7%) e Canarias (35,0%). Pola súa banda, Comunidade Foral de Navarra (11,7%) e País Vasco (14,4%) presentaron as taxas de risco de pobreza ou exclusión social máis baixas.

DIFICULTADES FIN DE MES

Por outra banda, en Galicia o 5,7% dos fogares ten moita dificultade para chegar a fin de mes, dous puntos por baixo da media estatal do 7,7%.

Ademais, segundo esta enquisa do INE, o 26,3% das familias de Galicia non ten capacidade para afrontar gastos imprevistos (a media estatal é do 33,9%) e o 4,8% recoñece atrasos nos pagos relacionados coa vivenda, por baixo da media (6,9%).

Así mesmo, indica que o 40,8% dos fogares galegos non pode permitirse ir de vacacións fóra de casa unha vez ao ano (33,4 por cento no resto do país).

Os ingresos medios anuais netos por persoa en Galicia situáronse en 11.218 euros, por baixo da media estatal, que é de 11.680 euros.

Temas: CRISE POBREZA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 tamiflu

Algúns deses que figuran como pobres andan en Porsche Cayenne. É o que ten cotizar polo mínimo e defraudar á Facenda. Ademais teñen dereito a subvencións, axudas de libros... Eu coñezo uns cantos. Mágoa para os pobres de verdade e humildes obreiros que pagan relixiosamente os impostos e moitas veces se teñen jn soldo medio decente eles pagan os libros ou comedor e o seu empregador tenos de balde. Dos 540 mil ao mellor son verdade a metade. E a xulgar polas eleccións parece que a maioría están contentos.