O PSdeG destaca o acordo europeo ante a crise da COVID-19: "son fondos imprescindibles"

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/07/2020 | Actualizada ás 17:42

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, destacou este martes o acordo do Consello Europeo para reconstrución tras as crises da COVID-19, que cualificou de "fondos imprescindibles para políticas anticíclicas".

Aínda que considerou que este fondo que contempla que España reciba uns 140.000 millóns de euros "non é o ideal", asegurou que "é moi relevante" xa que "implica novos mecanismos de gobernación europea e achegará fondos para responder á crise con políticas anticíclicas e de readaptación produtiva".

Así mesmo, nun comunicado remitido aos medios e no que respecta aos fondos que chegarán aos territorios, o líder do PSdeG reclamou que estas achegas permitan melloras en materia de emprego, facer fronte aos retos produtivos e que sirvan para defender os servizos públicos, así como dar apoio aos sectores primarios e á industria.

Por ultimo, sinalou o traballo do Goberno de España para conseguir unha resposta europea á crise derivada da pandemia mentres o PP "preferiu pór atrancos" durante as negociacións en lugar de "sumar" a favor do país.

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, na sede do partido en Santiago
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, na sede do partido en Santiago | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta