O lume de Porto do Son activou a situación 2 pola proximidade do lume a un núcleo de poboación

O incendio atópase estabilizado, pero non controlado, tras arrasar 35 hectáreas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/07/2020 | Actualizada ás 10:13

Comparte esta noticia

A Consellería de Medio Rural dá por "estabilizado" desde as 8,59 horas deste mércores, aínda sen controlar, o incendio forestal na parroquia de Nebra, no Concello de Porto do Son, tras arrasar unhas 35 hectáreas.

Diso informou na mañá deste mércores este departamento cunha nova actualización da superficie queimada. Este lume iniciouse ás 16,51 do martes, o día despois de que se lograse extinguir outro incendio de case 20 hectáreas en Porto do Son, nese caso na parroquia de San Pedro de Muro.

O incendio de Nebra obrigou a activar unha Situación 2 pola proximidade das chamas ás casas no núcleo de Queiro, que foi desactivada unhas horas despois. No seu control traballaron, entre outros, sete helicópteros, seis avións, 22 brigadas e 20 motobombas.

Incendio
Incendio | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta