Caballero: "A Xunta ten xa que exercer as súas competencias para ter un protocolo no inicio do curso escolar"

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/07/2020 | Actualizada ás 13:58

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, instou este mércores á Consellería de Educación a "exercer as súas competencias" en materia educativa e "acordar" o protocolo para o inicio do curso escolar.

Así se pronunciou o dirixente socialista en relación ás críticas de diferentes sectores educativos tras o borrador feito público pola Xunta para organizar a volta ás aulas dos escolares nun contexto de pandemia polo coronavirus. Sobre esta cuestión, Gonzalo Caballero lembrou que a Consellería de Educación ten "as competencias en materia educativa". "Non pode tentar centrifugar as súas competencias e facer responsables aos directores dos centros", sinala.

Neste sentido, pediu ao departamento autonómico que "acorde" coa comunidade educativa, cos pais e nais e tamén cos profesionais docentes os protocolos para iniciar o curso escolar. "E que o faga, ademais, non a custo cero, senón entendendo que hai que reforzar o curso educativo con máis docentes, con máis medios, con educación adaptada aos centros e ás novas necesidades", apuntou.

CELEBRA O ACORDO NA UE

Por outra banda, na roda de presa, volveu a pór en valor o acordo alcanzado na Unión Europea (UE) sobre o fondo de recuperación ante a crise da COVID-19 ao considerar que "marca un novo fito" na historia da UE e "avanza cara a un modelo de gobernación máis integrador".

"Máis Europa é parte da solución a esta crise, é parte da forma de permitir que exista unha recuperación que dea unha solución integral con políticas de corte keynesianas de impulso da demanda para evitar un escenario de depresión, de gran crise", indicou.

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, na rolda de prensa. PSDEG
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, na rolda de prensa. PSDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta