O brote da Mariña afectou ao turismo en toda Galicia

O alcalde de Santiago sitúa a ocupación na contorna do 30% e sinala: "Iamos moi ben na recuperación de reservas ata o brote da Mariña".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/07/2020 | Actualizada ás 14:41

Comparte esta noticia

A ocupación hoteleira en Santiago de Compostela é "frouxa" a pesar de que a capital galega celebra as súas festas máis destacadas en honra ao Apóstolo, co 25 de xullo como día grande. Así o trasladou este mércores o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, quen esgrimiu que os datos sitúan a ocupación "en torno ao 30 por cento".

"Pero espero que siga subindo nos próximos días", advertiu o rexedor, a preguntas dos medios, tras asinar un convenio coa conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez. Ao tempo, incidiu en que "cada noticia" ligada a un brote de coronavirus "afecta" e puxo o exemplo do rexistrado na Mariña lucense.

"Calquera noticia xera unha chea de cancelacións. Iamos moi ben na recuperación de reservas ata o brote da Mariña", asegurou, para manifestar, a continuación, que confía en que a hostalaría compostelá "vaia tendo unha recuperación sostida para agosto e setembro".

Fontes da Asociación Hostalaría Compostela consultadas por Europa Press remitíronse aos datos recompilados ao principio de mes, nos que se constataba unha ocupación que roldaba o 12% e que, sobre estas datas, apuntaba unha mellora superior ao 20%, pero advertiron de que habería que actualizar a cifra coas últimas reservas.

"Sempre que vaiamos avanzando é bo, pero o importante é que non teñamos ningun tropezóns", advertiu Bugallo, quen tamén fixo fincapé nos "cambios radicais" que experimentou a forma de viaxar, xa que a xente prioriza desprazarse no seu vehículo particular a usar outros medios de transporte.

Algúns peregrinos e turistas ante a Catedral de Santiago, na Praza do Obradoiro.
Algúns peregrinos e turistas ante a Catedral de Santiago, na Praza do Obradoiro. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Moinante

Eu vexo as praias máis cheas ca nunca. Non hai sitios nos aparcadoiros. Autocaravanas por todos os lados. Atascos nos accesos aos areais... E quéixanse da falta de turistas!!! Dende logo, non hai actividade económica máis depredadora co medio ambiente, e con máis impacto nos veciños, ca o turismo. Unha praga depender del.