Activo un incendio en Verín que xa queimou máis de 20 hectáreas e dificulta a visión na A-52

A Dirección Xeral de Tráfico (DXT) decretou unha alerta amarela pola proximidade das chamas á estrada A-52, o que está a causar problemas de visibilidade no punto quilométrico 153.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/07/2020 | Actualizada ás 17:15

Comparte esta noticia

Un incendio forestal permanece activo desde este mércores no concello ourensán de Verín, segundo informou a Consellería do Medio Rural.

O lume afecta á parroquia de Queirugás e, segundo as primeiras estimacións, queimou xa máis de 20 hectáreas.

A Dirección Xeral de Tráfico (DXT) decretou unha alerta amarela pola proximidade das chamas á estrada A-52, o que está a causar problemas de visibilidade no punto quilométrico 153.

Incendio
Incendio | Fonte: remitida

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta