O incendio de Verín deixa xa 50 hectáreas queimadas mentres seguen os problemas de visibilidade na A-52

O lume afecta á parroquia de Queirugás, onde traballan catro axentes, once brigadas, cinco motobombas, unha pa, catro avións e catro helicópteros.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/07/2020 | Actualizada ás 18:51

Comparte esta noticia

O incendio forestal activo este mércores no concello ourensán de Verín supera xa as 50 hectáreas de superficie afectada, segundo a última estimación facilitada pola Consellería do Medio Rural.

O lume afecta á parroquia de Queirugás, onde traballan catro axentes, once brigadas, cinco motobombas, unha pa, catro avións e catro helicópteros.

A Dirección Xeral de Tráfico (DXT) decretou unha alerta amarela pola proximidade das chamas á estrada A-52, o que está a causar problemas de visibilidade no punto quilométrico 153.

Incendio
Incendio | Fonte: remitida

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta