Os encoros galegos están ao 76% da súa capacidade

En concreto, os encoros situados en Galicia conteñen 2.823 hectómetros cúbicos de auga embalsada, 41 menos que os rexistrados fai sete días.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/07/2020 | Actualizada ás 19:05

Comparte esta noticia

Os encoros galegos perderon na última semana 41 hectómetros cúbicos de auga e sitúanse ao 76% da súa capacidade total, segundo os datos do boletín hidrolóxico emitido este mércores polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.

En concreto, os encoros situados en Galicia conteñen 2.823 hectómetros cúbicos de auga embalsada, 41 menos que os rexistrados fai sete días.

Por concas, Galicia Costa está ao 74,3% da súa capacidade total, con 508 hectómetros cúbicos de auga, 15 menos que o martes pasado; mentres que os encoros da Miño Sil pedieron 26 hectómetros cúbicos, ata os 2.315, o 76,4% do total.

Encoro de Chandrexa de Queixa (Ourense). EUROPA PRESS - Arquivo
Encoro de Chandrexa de Queixa (Ourense). EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta